Usamos cookies propias e de terceiros para poder ofrecerlle un mellor servizo, podes consultar máis información aquí, se continuas navegando consideramos que estás deacordo

Vila Arquitectura Estudo de arquitectura e inmobiliaria

Vila Arquitectura somos un estudo de arquitectura, oficina técnica e inmobiliaria. A nosa oficina está situada na parroquia de Bembrive (Vigo). Ofrecemos máis de 40 anos de experiencia no campo da arquitectura, a oficina técnica, o urbanismo e o servizo inmobiliario. 

Realizamos traballos en toda a comarca de Vigo e a súa contorna, especializándonos no traballo sobre as parroquias da periferia de Vigo (Bembrive, Beade, Valadares, Matamá, ...). Os nosos servizos van dende o traballo en arquitectura, a oficina técnica, a asesoría en urbanismo, até a xestión inmobiliaria; pasando por todos os traballos relacionados coa edificación e a lexislación urbanística. Pásate polo apartado de servizos da nosa páxina web e descobre todo o que podemos facer por ti. 

En todos os nosos servizos, garantimos profesionalidade, seriedade, responsabilidade, cualificación e experiencia. Estaremos encantados de atenderte e ofrecerte o mellor dos servizos.

Anxo Vila Riveiro. Arquitecto.

Ángel Vila Maceira. Técnico superior proxectista.

986 472 586
699 418 101
600 708 401

Inmobiliaria. Propiedades destacadas

Amosámoste unha selección das propiedades en venta, para ver a lista completa pulsa o botón da dereita.