Vivienda unifamiliar en ejecución. Bembrive, Vigo

Ubicación
Barrio do Mosteiro, Bembrive
Precio
206.000 €
Superficie parcela
391 m2
Edificable
Si
Vivenda en execución
Vivenda unifamiliar de 202 m2 construídos

Detalles

Parcela edificable con vivenda unifamiliar en execución. Conta con todos os permisos e proxectos necesarios. O prezo inclúe todo o executado ata o momento, así como todas as licenzas e autorizacións existentes.

A vivenda en execución dispón dunha superficie total construída de 201,45 m² e dunha superficie útil de 166,50 m², distribuídas en dúas plantas (planta baixa e planta primeira). Conta cun amplo espazo de salón-comedor-cociña de concepto aberto e dobre altura, 4 dormitorios, 3 baños, lavandaría, cuarto de instalacións, rocho e garaxe para 2 vehículos.

Situada na parroquia de Bembrive, nunha parcela moi soleada, chaira, de configuración rectangular case cadrada e con acceso a todos os servizos urbanísticos: abastecemento de auga, saneamento, electricidade, telefonía, etc.

Atópase moi próxima ao centro da parroquia e a escasa distancia de todos os servizos públicos básicos, como colexio público, institutos, farmacia, centro de saúde, centro cultural, establecementos de hostalaría, comercios e transporte público, entre outros.

Solicita máis información

    Outras propiedades

    Llamar por teléfono