Usamos cookies propias e de terceiros para poder ofrecerlle un mellor servizo, podes consultar máis información aquí, se continuas navegando consideramos que estás deacordo

Vila Arquitectura Estudo de arquitectura e inmobiliaria

Vila Arquitectura somos un estudo de arquitectura, oficina técnica e inmobiliaria. A nosa oficina está situada na parroquia de Bembrive (Vigo). Ofrecemos máis de 40 anos de experiencia no campo da arquitectura, a oficina técnica, o urbanismo e o servizo inmobiliario. 

Realizamos traballos en toda a comarca de Vigo e a súa contorna, especializándonos no traballo sobre as parroquias da periferia de Vigo (Bembrive, Beade, Valadares, Matamá, ...). Os nosos servizos van dende o traballo en arquitectura, a oficina técnica, a asesoría en urbanismo, até a xestión inmobiliaria; pasando por todos os traballos relacionados coa edificación e a lexislación urbanística. Pásate polo apartado de servizos da nosa páxina web e descobre todo o que podemos facer por ti. 

En todos os nosos servizos, garantimos profesionalidade, seriedade, responsabilidade, cualificación e experiencia. Estaremos encantados de atenderte e ofrecerte o mellor dos servizos.


986 472 586
699 418 101
600 708 401