Usamos cookies propias e de terceiros para poder ofrecerlle un mellor servizo, podes consultar máis información aquí, se continuas navegando consideramos que estás deacordo

Vivenda unifamiliar en Castrelos, Vigo.

2010
Vivenda unifamiliar en Castrelos, Vigo.

Vivenda unifamiliar na parroquia de Castrelos. O proxecto desenvólvese en tres alturas; semisoto, planta baixa e aprobeitamento baixo cuberta.

A morfoloxía da parcela, de pequenas dimensións, obrigou a deseñar as fachadas laterais sobre os retranqueos mínimos, conseguindo o movemento a través do xogo coas cubertas e as aberturas en fachada.

A construción en pedra do país, xunto coa cuberta en tella e a carpintería en tonos oscuros, ofrecen unha imaxe rústica; no interior da vivenda destaca o salón desenvolvido en dobre altura. Este constitue a porta de entrada á vivenda, nun espazo amplo de distribución e transición entre as zonas públicas, privadas e de instalacións da vivenda.