Vivenda unifamiliar en Beade, Vigo.

Vivenda unifamiliar desenvolvida en 2 alturas, cunha planta baixa de servizos anexos á vivenda (garaxe, cuarto de instalacións, bodega, trasteiros e baño) e unha planta alta de vivenda. Debido a inclinación natural do terreno tanto a planta baixa como a alta teñen entradas a nivel do terreno.
O deseño da vivenda xoga con volumes en cubos diferenciados polas alturas dos mesmos, así como polos materiais exteriores, diferenciandose tres corpos, un en pedra e os outros dous en chapeado de pedra tipo Santiago, diferenciandose estes polo tono da chapa de pedra.
A vivenda conta cun gran espazo aberto de salón, cociña e comedor, con comunicacións directas ao exterior por medio de grandes ventanais do chan ao teito dos espazos interiores. Na zona privada a vivenda conta con 3 dormitorio con baño privado e un espazo polivalente de salita-despacho.
No deseño buscouse darlle ao edificio un aire moderno, simulando cubertas planas que en realidade son cubertas inclinadas ocultas, isto responde á busqueda dunha combinación de modernidade e solucións construtivas contrastadas no entorno e no tempo.