Vivenda unifamiliar en Castrelos, Vigo.
Vivenda unifamiliar na parroquia de Castrelos. O proxecto desenvólvese en tres alturas; semisoto, planta baixa e aprobeitamento baixo cuberta.
A morfoloxía da parcela, de pequenas dimensións, obrigou a deseñar as fachadas laterais sobre os retranqueos mínimos, conseguindo o movemento a través do xogo coas cubertas e as aberturas en fachada.
A construción en pedra do país, xunto coa cuberta en tella e a carpintería en tonos oscuros, ofrecen unha imaxe rústica; no interior da vivenda destaca o salón desenvolvido en dobre altura. Este constitue a porta de entrada á vivenda, nun espazo amplo de distribución e transición entre as zonas públicas, privadas e de instalacións da vivenda.