Usamos cookies propias e de terceiros para poder ofrecerlle un mellor servizo, podes consultar máis información aquí, se continuas navegando consideramos que estás deacordo

Vivenda unifamiliar en Valadares, Vigo.

2015
Vivienda unifamiliar en Valadares, Vigo.

O proxecto consiste nunha vivenda unifamiliar desenvolvida, toda ela, nunha soa altura, compartindo nivel a zona de vivenda, a zona de instalacións, a garaxe e o propio xardín.

O deseño desprende unha sensación de horizontalidade e de continuidade entre o interior e o exterior da vivenda, potenciada polos numerosos e amplias aberturas nas fachadas. Ademais do contacto visual, moitas das aberturas en fachada permiten a transición física entre o interior e o exterior, convertendo a zona axardinada nunha extensión da propia vivenda.

O emprego e combinación de pedra do país nas fachadas, a tella ceramica nunha cuberta de pouca pendente e a carpintería de aluminio en cor ocre, confiren á vivenda unha imaxe elegante e rústica; acompañada co bo gusto do deseño da zona exterior.