Reforma integral de vivenda unifamiliar, Bembrive
Reforma integral dunha vivenda unifamiliar no ano 2002. A partir dunha vivenda de semisotano e planta primeira, desenvolveuse unha segunda planta en aproveitamento baixo cuberta e ampliouse a planta orixinal da casa. No deseño, destaca a torre situada na esquina noroeste da edificación, a cal alberga as zonas públicas da vivenda, un comedor no semisoto e un salón en cada unha das plantas superiores.