Vivenda unifamiliar en Beade, Vigo.
Vivenda unifamiliar illada na parroquia de Beade, construída en pedra do país e orientada para o aproveitamento da panoramica paisaxística.
Desenvolvida en tres alturas aproveitando a pendente natural do terreno, consta de semisotano para uso de garaxe e servizos anexos da vivenda, con entradas exteriores e independentes dende a finca e acceso interior ao resto de plantas. Planta baixa a nivel do terreno no fronte a vía pública, con acceso independente, na que se desenvolve a zona social con entrada a un grande salon con amplias galerias que aproveitan as vistas; nesta planta situase a cociña e un amplio dormitorio principal. A zona privada da vivenda continua na planta alta de aproveitamento baixo cuberta, onde se situan máis dormitorios.